ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA

ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO APOIA Á ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA ASINANDO UN CONVENIO DE 6.000 EUROS

Viveiro, 21 de setembro de 2022. Esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asinou o convenio de subvención nominativa entre o Concello e a Asociación Saúde Mental A Mariña, xunto ao seu presidente, Jorge Machado, e a directora técnica xeral, María José Novoa Rodríguez.

 

Grazas a este acordo, o goberno local subvenciona con 6.000 euros a actividade desta asociación. Na sinatura do acordo tamén estivo presente a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde.

 

A alcaldesa aproveitou a ocasión para poñer en valor o traballo desta asociación, “sensibilizando sobre a saúde mental e brindando apoio aos doentes da nosa comarca, así como ás súas familias”.

 

Neste sentido, a rexedora recordou que a asociación abriu recentemente un centro para a rehabilitación psicosocial e laboral en Viveiro. “Un esforzo que se suma ós labores de visibilización, como a edición do libro A Super_Acción de Mauricio, dirixido á infancia”, engadiu Loureiro.

 

A sinatura deste convenio permítenos seguir reforzando a nosa colaboración con esta entidade. Como goberno local temos un compromiso claro con estas iniciativas, polo impacto positivo que reportan na cidadanía”, finaliza a rexedora.

 

O apoio do Concello de Viveiro ao tecido asociativo esténdese a máis entidades, deste modo, recentemente o goberno local asinou un convenio de subvención coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar