.jpeg)
03
Maio
ALBERGUE DE AREA
O CONCELLO DE VIVEIRO TRASLÁDALLE Á XUNTA A NECESIDADE DE DARLLE USO AO ALBERGUE DE AREA DURANTE TODO O ANO E AGRADECE A RECEPTIVIDADE DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL
Viveiro, 2 de maio de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron hoxe con Fabiola García, conselleira de Política Social, as obras de remodelación do Albergue de Area.
“Quero agradecer a invitación da conselleira para visitar como quedaron as instalacións tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia”, asegura a alcaldesa.
O Albergue de Area foi obxecto dunha reforma integral, cunha actuación na que se incluíron melloras na fachada, cuberta e interior do inmoble.
“Concello e Xunta coincidimos na necesidade de darlle uso a estas instalacións ao longo de todo o ano; a conselleira manifestou que realizarán actividades fóra da tempada estival e amosou a súa disponibilidade a facilitar tamén o uso do albergue por parte do concello no caso de necesitalo”, engadiu Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro