ADRIÁN BEN

ADRIÁN BEN

VIVEIRO RECIBE CON ORGULLO A ADRIÁN BEN TRAS PROCLAMARSE CAMPIÓN DE EUROPA

Viveiro, 11 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro organizou esta mañá unha recepción ao deportista viveirense Adrián Ben, que acaba de proclamarse campión de Europa de 800 metros en pista cuberta. No acto, ademais dos representantes municipais, estiveron presentes veciños e veciñas, mostrando o seu aprecio polo atleta local.

Alén dos éxitos deportivos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, eloxiou o cariño que Adrián Ben mostra cara a súa vila “presume de viveirense alá a onde vai e gañe o que gañe”.

Ten talento e condicións, pero sobre todo ten espírito de traballo e ambición para loitar polos seus soños. Xente coma el e na que os tendes que fixar e a que tendes que admirar”, sinalou a rexedora durante o acto de recibimento ao atleta.

Adrián Ben foi nomeado recentemente fillo predilecto da vila de Viveiro, en recoñecemento á súa carreira deportiva e, en particular, aos seus éxitos nos Xogos Olímpicos de Tokio.

Aproveitando a recepción, Adrián Ben firmou unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro.

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar