ADRIÁN BEN

ADRIÁN BEN

O CONCELLO DE VIVEIRO OFRECE ESTE SÁBADO UNHA RECEPCIÓN A ADRIÁN BEN ABERTA AO PÚBLICO

Viveiro, 9 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro organiza este sábado día 10, a partir das 13:00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben, que o pasado domingo proclamouse campión de Europa de 800 en pista cuberta en Turquía.

O goberno municipal quere deste xeito reiterarlle ao atleta viveirense os seus parabéns por este novo éxito e amosarlle o cariño do seu pobo nun acto aberto a toda a veciñanza.

Tralo acto, Adrián Ben firmará a todos os que o desexen unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar