
09
Marzo
ACTO EN SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO
O CONCELLO DE VIVEIRO CONVIDA AOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS A UN ACTO EN SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO MAÑÁ ÁS 12:00 HORAS
Viveiro, 8 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro súmase a unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e convoca mañá mércores, día 9 de marzo, ás 12:00 horas un acto en solidaridade co pobo ucraíno.
Será unha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do concello, na praza Maior de Viveiro.
O concello pretende desta forma trasladar o seu apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucrania.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro