ACTIVIDADES DEPORTIVAS

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO MES DE XULLO PARA OS ADULTOS E A MOCIDADE

Viveiro, 21 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación.

 

Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves, a rapazada dividirase en quendas en función da súa idade.


Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.

 

As persoas interesadas nestes cursos poden obter máis información e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal (no teléfono 982570610).

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar