
14
Marzo
ACORDO ENTRE TRABALLADORES E EMPRESA QUE DESCONVOCA A FOLGA DE LIMPEZA EN SEMANA SANTA
O CONCELLO DE VIVEIRO AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLO ACORDO ENTRE TRABALLADORES E EMPRESA QUE DESCONVOCA A FOLGA DE LIMPEZA EN SEMANA SANTA
Viveiro, 13 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro amosa a súa satisfacción polo acordo ao que chegaron os representantes dos traballadores e da empresa FCC Medio Ambiente, que supón a desconvocatoria da folga de limpeza e recollida de residuos prevista para Semana Santa.
Na reunión celebrada esta mañá coa mediación da alcaldesa, María Loureiro, os representantes dos traballadores e da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza acordaron a actualización do convenio colectivo, pendente dende hai dous anos.
“Estamos realmente satisfeitos de que se chegara a este acordo, que cumpre coas reivindicacións dos traballadores”, subliña a alcaldesa de Viveiro.
“Trátase dunha boa nova para este colectivo, que ve recoñecidos os seus dereitos, e tamén para toda a vila, que contará con servizo de limpeza nunhas festas tan especiais na nosa vila como é a Semana Santa”, engade María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro