ACHEGAMENTO Á MÚSICA DOS NENOS E NENAS

ACHEGAMENTO Á MÚSICA DOS NENOS E NENAS

O CONCELLO DE VIVEIRO OFERTA A TRAVÉS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL CURSOS GRATUÍTOS PARA FACILITAR UN PRIMEIRO ACHEGAMENTO Á MÚSICA DOS NENOS E NENAS

Viveiro, 17 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.

 

“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi tempranas cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violonchelo. Dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos, supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos/as sen coñecementos musicais.

 

Establécese un prazo de inscrición dende o 26 ata o 29 de abril. As prazas son limitadas. A inscrición realizarase na secretaría do Conservatorio de Música e para calquera información pódese chamar ao teléfono 982 560486.

 

Esta actividade desenvolverase seguindo as medidas e limitacións establecidas pola autoridades sanitarias para este tipo de eventos.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar