
08
Abril
A UNIDADE MÓBIL DO PLAN REACCIONA 2020 ESTARÁ EN VIVEIRO O VINDEIRO 12 DE ABRIL
O Concello de Viveiro colabora co plan Reacciona 2020, posto en marcha pola Deputación de Lugo e Asociación Provincial de Empresarios da Deputación de Lugo. Este plan inclúe catro proxectos, que se agrupan en dúas liñas de traballo; unha destinada a vivendas, e outra, destinada a empresas.
A Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios da Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para poñer en marcha o Plan de Impulso de Rehabilitación Sostible de Vivendas na provincia de Lugo, que recibe o nome de Reacciona2020. Este plan inclúe catro proxectos, que se agrupan en dúas liñas de traballo; unha primeira, destinada a usuarios de vivendas, e outra, destinada a traballadores e empresas.
A liña destinada a particulares, que se agrupa maioritariamente baixo o nome Reacciona, busca sobre todo a sensibilización da sociedade para acadar os obxectivos Europeos 20/20/20, de rebaixa dun 20% o consumo enerxético, incremento dun 20% o uso de enerxías renovables e rebaixa dun 20% as emisións de gases de efecto invernadoiro. Do mesmo xeito queremos informar ás persoas sobre as vantaxes da rehabilitación das súas vivendas para poder acadar importantes rebaixas na factura enerxética.
A segunda liña de traballo dirixida a traballadores e empresas agrupa os proxectos Reconstrúe, Reenfócate e Rehabilítate, e ten como eixe principal a divulgación da oportunidade de negocio que supón a rehabilitación enerxética así como a importancia da actualización de competencias dos profesionais que traballan no sector da rehabilitación.
O vindeiro martes, 12 de abril, de 11:00 a 18:00 horas, a unidade móbil do plan Reacciona 2020 estará nos Xardíns Noriega Varela; posteriormente, ás 20:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar unha charla informativa.