A SAÍR Á RÚA MANTENDO AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN

A SAÍR Á RÚA MANTENDO AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO E O COMERCIO LOCAL GARANTEN TODOS OS PROTOCOLOS DE SEGURIDADE E ANIMAN Á VECIÑANZA “A SAÍR Á RÚA MANTENDO AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN”

Viveiro, 16 de xullo de 2020. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo esta mañá unha reunión con representantes das dúas asociacións de comerciantes do municipio, Centro Comercial Histórico de Viveiro e Beiras de Viveiro, para avaliar a situación e transmitir unha mensaxe de tranquilidade.

En Viveiro, os casos de Covid-19 están totalmente controlados e hai unha porcentaxe moi baixa en proporción co número de habitantes (13 positivos e 15.580 veciños e veciñas. Concello e comercio garanten que se cumpren os protocolos de seguridades e animan á xente “a saír á rúa mantendo as medidas de prevención”.

Nesta reunión, a alcaldesa comunicoulles a ambas asociacións que as bases para as axudas á reactivación económica se publicarán previsiblemente no BOP do próximo 22 de xullo.

Poden optar a estas axudas os autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandemia.

Estas axudas, ás que se destinan 400.000 euros, cun importe de 850 € por cada beneficiario, forman parte do Plan de reactivación económica acordado con Por Viveiro, por un importe total de 500.000 euros.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar