
09
Novembro
A POLICÍA LOCAL REFORZARÁ OS SEUS SERVIZOS PARA FACER CUMPRIR AS NOVAS MEDIDAS POLA PANDEMIA DO CORONAVIRUS E FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE DA VECIÑANZA
A POLICÍA LOCAL REFORZARÁ OS SEUS SERVIZOS PARA FACER CUMPRIR AS NOVAS MEDIDAS POLA PANDEMIA DO CORONAVIRUS E FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE DA VECIÑANZA
Viveiro, 6 de novembro de 2020. O Xefe da Policía Local de Viveiro participou hoxe nunha videoconferencia en conexión coa Sala de Coordinación Operativa de Protección Civil e Emerxencias, sita na Estrada, á cal estaban convocados os xefes das forzas de seguridade dos concellos de Galicia que presentan restricións máis severas pola situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.
Nela tratáronse as novas medidas que entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá, día 7 de novembro, e que afectarán, entre outros, ó Concello de Viveiro, ademais dos termos en como facelas efectivas e posibles interpretacións que puideran xurdir.
Nese senso, e no marco das atribucións e competencias da Policía Local, a Xefatura vén de establecer as instruccións precisas para levar a cabo a intensificación das labores de vixiancia e control dentro do ámbito territorial do Concello, e para isto reforzaránse os servizos ó longo da fin de semana.
Controis perimetrais, estáticos ou dinámicos, de circulación, tanto de vehículos como de personas, as limitacións para grupos de persoas, o uso da máscara, o peche de establecementos de hostalaría e restauración, o transporte público, a vida social e comunitaria e, en xeral, a vixiancia de espazos públicos centrarán nos vindeiros días a atención dos policías locais de Viveiro.
O corpo policial quere facer un chamamento á responsabilidade e ó deber de cautela da cidadanía ante esta situación. Ante dúbidas que poidan surxir, sobre actividades ou desprazamentos permitidos ou non, o máis aconsellable é facer primeiro a consulta ante a autoridade sanitaria ou as forzas de seguridade.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro