A HORA DO PLANETA

A HORA DO PLANETA

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE MAÑÁ Á INICIATIVA “A HORA DO PLANETA” APAGANDO O ALUMEADO DA PORTA DE CARLOS V E DA PONTE DA MISERICORDIA ENTRE AS 20:30 E AS 21:30 HORAS

Viveiro, 24 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro súmase mañá, sábado, á iniciativa “A hora do Planeta” da Asociación WWF (Fondo Mundial para la Naturaleza) que convida a apagar o alumeado de edificios públicos e monumentos emblemáticos co obxectivo de demostrar que frear e reverter a perda de biodiversidade e reducir á metade as emisións de C02 para 2030 é posible.

O goberno municipal adhírese a este movemento global apagando as luces da Porta de Carlos V e da Ponte da Misercordia entre as 20:30 e as 21:30 horas.

Dende o Concello de Viveiro unímonos a este xesto simbólico que quere chamar a atención sobre o problema do cambio climático e nos recorda que vivimos nun estado de emerxencia planetaria ao que debemos dar solución entre todos”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Por iso convido tamén aos veciños e veciñas da vila a que se sumen nas súas casas a esta Hora do Planeta”, engade.

Baixo o lema deste ano, “Apaga la luz. Dale una vuelta al Planeta”, a Hora do Planeta 2023 volverá a converterse, como nos últimos 17 anos, na maior mobilización global na defensa do medio ambiente.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar