-myozgeaeegmoc.jpeg)
02
Agosto
42ª MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL
VIVEIRO ACOLLE DURANTE ESTA SEMANA A 42ª MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL
Viveiro, 1 de agosto de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou hoxe na inauguración da Mostra Folklórica Internacional, que se celebra esta semana no municipio. A rexedora estivo acompañada por Mari Carmen González López (Chipe), presidenta da Asociación Bágoas da Terra, que está a cargo do evento.
No día de hoxe, a mostra presentou dúas exposicións relacionadas co camiño de Santiago e que se poden visitar na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal. A primeira mostra leva por título “A Memoria do Son”, que inclúe unha réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria, mentres que a outra titúlase “Camino de Santiago en Burgos”.
A mostra cumpre este ano a súa 42ª edición, tras dous anos de parón debido á pandemia. O evento posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco.
O programa de actividades desenvolverase a partir deste xoves, 4 de agosto, con propostas como a mostra infantil, un concerto de música folk, o desfiles das nacións e a recepción de autoridades. Ademais, este domingo 7 de agosto celebrarase a Gran Gala Internacional, o punto máis esperado do programa.
“Dende o Concello de Viveiro mantemos un forte compromiso coa cultura en xeral e con este evento en particular, polo seu renome e proxección internacional. Colaboramos coa organización a través de subvencións e axuda loxística, así como a cesión de espazos”, explica María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro