NOTAS DE PRENSA

NOTAS DE PRENSA


  • PRIMEIRA SEMANA DA LUDOTECA MUNICIPAL

    Esta primeira semana serviu para coñecer aos nenos, organizar os grupos e coñecer as súas preferencias. O pasado luns 11 de xullo de 2016 deu comezo o servizo municipal de ludoteca, que este ano se instalou no pavillón do IES Vilar Ponte, para prestar este servizo durante os vindeiros dous meses, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, co que se amplía en unha hora o horario de 2015 (e que, á súa vez, xa se incrementara en unha hora máis con respecto ao anos anteriores); ampliando o horario deste servizo, o Concello pretende facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. Máis
  • RECUPERACIóN PRAIA DE COVAS

    O Concello de Viveiro anima a todos os veciños a participar no acto que terá lugar o domingo 17 de xullo para salvar a praia de Covas. O Concello de Viveiro colabora mediante recursos humanos e materiais no acto organizado pola Asociación Salvemos da Praia de Covas, que terá lugar o 17 de xullo de 2016, pola mañá, para crear un gran cadea humana co fin de solicitar que se tomen as medidas necesarias para salvar este areal. Máis
  • ROLDA DE PRENSA: TALLER PRIMEIROS AUXILIOS

    Seguindo indicacións de María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, por medio do presente convócase aos medios de comunicación á rolda de prensa que terá lugar o vindeiro venres 27 de maio de 2016, ás 11:00 horas, na sala de xuntas da casa do concello, para presentar o Taller de Primeiros Auxilios, organizado pola Concellaría de Muller, que terá lugar os días 11 e 12 de xuño de 2013 Máis
  • COMISIóN INFORMATIVA DE FACENDA

    Na orde do día da Comisión Informativa de Facenda, convocada para mañá, 1 de abril de 2016, inclúense a modificación de ordenanzas fiscais e a imposición e ordenación da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos. Máis
  • FELICITACIóN CARMEN FERREIRO SOTO TRAS OBTER O TíTULO DE DIRECTORA DE ORQUESTRA SINFóNICA

    Como Alcaldesa e en nome de todos os veciños de Viveiro quero felicitar publicamente a Carmen Ferreiro Soto tras obter o título de Directora de Orquestra Sinfónica, na prestixiosa escola de música Royal Schools of Music, coa máxima cualificación. Máis
  • SUMULACRO DE INCENDIO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MúSICA DE VIVEIRO

    No día de onte, 9 de marzo de 2016, ás 18:00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, realizouse un simulacro de incendio para adestrar ao persoal e habitualos ante posibles situacións de emerxencia. Máis
  • FELICITACIóNS A CRISTóBAL RODRíGUEZ POLOS EXCELENTES RESULTADOS OBTIDOS NA COPA DO MUNDO DE PENTATLóN MODERNO, CELEBRADA NO CAIRO (EXIPTO)

    Cristóbal terminou no posto 29 e conseguiu posicionarse como mellor pentatleta español na primeira Copa do Mundo da temporada, na que demostrou, unha vez máis, que é un deportista excepcional do que todos, como viveirenses, nos sentimos orgullosos. Máis
  • PUBLICACIóN DE INFORMACIóN NO TABOLEIRO.

    Puntuacións do proceso para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción e puntuacións do proceso para a selección de un peón do servizo de obras (75% de xornada) que prestará servizos temporais Máis
  • TRáMITES LEVADOS A CABO POLO CONCELLO DE VIVEIRO PARA SOLVENTAR AS DEFICIENCIAS DETECTADAS NO INMOBLE SITO NA PRAZA MAIOR, 9

    O 20 de xaneiro de 2014 incoouse un expediente de orde de execución para a limpeza do canalón do edificio, consolidación e apuntalamento de cuberta e retirada de pezas soltas con risco de caída á vía pública. Este expediente finalizou con Resolución de Alcaldía de data 15 de xaneiro de 2015 ordenando á Axencia madrileña para a tutela de adultos (como titores da propietaria) a execución de varias actuacións. Máis
  • SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUí

    O Concello de Viveiro súmase á campaña desenvolta pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia Máis
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar