29
Xaneiro
‘IN HORTO OLIVARUM’ GAÑADOR DO III CONCURSO DE MARCHAS PROCESIONAIS
‘IN HORTO OLIVARUM’, DE JOSÉ MANUEL BARBOSA MACIEL, GAÑADOR DO III CONCURSO DE MARCHAS PROCESIONAIS ‘BLAS GARCÍA LIZ’
Viveiro, 29 de xaneiro de 2025. O xurado do III concurso de composición de marchas procesionais ‘Blas García Liz’ decidiu, entre as catorce marchas presentadas nesta edición, que o gañador é José Manuel Barbosa Maciel, natural de Vila da Maia (Portugal) coa súa marcha ‘In horto olivarum’.
As obras procedían de once provincias españolas: Alacante, Castellón, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Pontevedra, Tarragona, Toledo, Valencia e Zaragoza; e a gañadora de Portugal (O Porto).
O xurado, formado por David Rivas, Fernando Buide e David Fiúza, destaca “a gran calidade dos traballos presentados, así como o valor patrimonial da construción dunha nova identidade sonora creada por e para a Semana Santa viveirense”.
A marcha será presentada o sábado 5 de abril pola Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro, no marco da súa participación no ciclo Adral.
“Este concurso da continuidade a unha tradición de Viveiro e serve ademais para honrar a memoria de Blas García Liz”, asegura o concelleiro Jesús Fernández.
‘In horto olivarum’ é un notable traballo musical que destaca polo discurso do material fluído dentro dunha estructura clásica e tradicional, cun estilo compositivo apropiado.
A instrumentación empregada con criterios tímbricos interesantes e creativos, texturas equilibradas e acompañamentos dinámicos ao servizo da melodía. O desenvolvemento melódico é de grande interese con líneas contrapuntísticas ben traballadas e estruturadas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro