XORNADAS GASTRONÓMICAS DEDICADAS Á MERLUZA DO PINCHO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA E XIXÓN

XORNADAS GASTRONÓMICAS DEDICADAS Á MERLUZA DO PINCHO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA E XIXÓN

Entre o 28 de maio e o 3 de xuño, os hoteis OCA Puerto del Camino, de Santiago de Compostela, e OCA Palacio de la Llorea, de Xixón, celebrarán unhas XORNADAS GASTRONÓMICAS DEDICADAS Á MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO

 Durante estes días, nos restaurantes destes establecementos hostaleiros ofreceranse distintos pratos que teñen como ingrediente principal a merluza do pincho de Celeiro, co fin de dar a coñecer este produto gastronómico e, consecuentemente, promocionando o turismo gastronómico e o noso concello.

As presentacións destas xornadas terán lugar ás 13:00 horas os días 23 de maio, no hotel OCA Puerto del Camino, en Santiago de Compostela, e o 24 de maio,  no hotel OCA Palacio de la Llorea, en Xixón; a estes actos asistirán, en representación do Concello de Viveiro, a Alcaldesa e a Concelleira de Turismo e Comercio.

Nestas presentacións, nas que tamén estará presente Ramón Braña, Director Xeral de Oca Hoteles, está prevista a intervención da Alcaldesa e mais a proxección dun vídeo co que se pretende amosar aos medios de comunicación presentes e aos asistentes os recursos turísticos deste concello.

Estas xornadas gastronómicas, que son posibles grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo e Comercio, María Soledad Rey Yáñez, forman parte das distintas accións levadas a cabo polo Concello de Viveiro nos  últimos anos co fin de  intensificar a promoción do noso municipio co fin de que se consolide como un destino turístico de calidade.

Dende o concello quérese agradecer publicamente a colaboración da empresa Puertos de Celeiro, SA, que doará a merluza que se servirá en ambos hoteis durante a celebración das xornadas, e mais ao Director Xeral de Oca Hoteles por acoller esta iniciativa tan positivamente e permitir a súa celebración.

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar