XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CONSERVATORIO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CONSERVATORIO

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS ESTE XOVES NO CONSERVATORIO DE MÚSICA

Viveiro, 25 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro informa dunha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organiza este xoves, día 27 de xuño.

A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16:30 a 18:30 horas.

“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi tempranas é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro. Para mais información sobre a xornada, pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982 56 04 86.

Por outra parte, o conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse no 1º curso de grao elemental para o vindeiro curso 2024/2025 nas especialidades de guitarra, piano, trompeta, clarinete e percusión.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar