VIVEIRO XA É OFICIALMENTE CIDADE AMIGA DA INFANCIA DE UNICEF

VIVEIRO XA É OFICIALMENTE CIDADE AMIGA DA INFANCIA DE UNICEF

RECIBIDO HOXE EN MADRID O RECOÑECEMENTO DE CIDADE AMIGA DA INFANCIA

Viveiro, 10 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro recibiu hoxe en Madrid o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de Unicef, despois de varios anos sendo candidata a esta distinción.

“Un orgullo e tamén unha responsabilidade para Viveiro”, asegurou no acto de entrega da distinción a alcaldesa, María Loureiro, coa que tamén estivo a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O acto contou coa presenza de Sira Rego, ministra de Infancia e Xuventude, e Gustavo Suárez-Pertierra, presidente de UNICEF España. “O de hoxe foi o resultado de varios anos de traballo”, engadiu Loureiro.

"Asumimos esta distinción coa responsabilidade de levar adiante proxectos para a mocidade, para a rapazada e para a infancia de Viveiro", apunta a rexedora. “Traballamos a diario para que Viveiro sexa un lugar mellor e máis amable para os nosos pequenos e pequenas", conclúe.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar