09
Maio
VIVEIRO ACOLLE O CORRELINGUA
A Alcaldesa, María Loureiro, dá a saída para a carreira do Correlingua
Hoxe, 9 de maio, Viveiro acolle as distintas actividades programadas dentro do Correlingua, no que participan uns 2.000 nenos pertencentes a 20 centros educativos de Viveiro, O Vicedo, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
A Alcaldesa foi a encargada de dar a saída da carreira, que partiu do Paseo Marítimo, ao lado do Pavillón Municipal, tendo a súa chegada na Praza Maior; neste carreira participan os nenos de secundaria. Os alumnos máis pequenos agardan na Praza Maior a súa chegada, mentres gozan da actuación de Ce Orquestra Pantasma.
Tras a xuntanza de todos os participantes na Praza Maior, continuan os actos previstos coa entrega agasallos, premios e unha pequena merenda e co resto de actuacións programadas.