23
Decembro
VISITAS GUIADAS
A CONCELLARÍA DE TURISMO ORGANIZA CATRO VISITAS GUIADAS PARA OS DÍAS 22, 23, 29 E 30 DE DECEMBRO
Os xoves 22 e 29 de decembro de 2016, ás 10:00 horas, da casa do concello, partirán as visitas guiadas para coñecer o Belén a tamaño natural "Viveiro ante o Berce" e Regal Xunqueira-Complexo Cultural-Museos; o guía será Boris Villar.
Os venres 23 e 30 de decembro de 2016, ás 17:horas, da casa do concello, partirán as visitas guiadas para coñecer o Belén a tamaño natural "Viveiro ante o Berce" e o casco antigo de Viveiro; o guía será Carlos Nuevo Cal, Cronista de Viveiro.
As catro visitas serán gratuítas