31
Outubro
VISITA DA VALEDORA DO POBO A VIVEIRO
A institución do Valedor do Pobo iniciou hai un ano un programa de achegamento á cidadanía que levou á súa titular, á Valedora do Pobo, a visitar a diferentes localidades de Galicia coa idea de ofrecer e dar a coñecer os seus servizos á cidadanía e poder manter contacto directo coas persoas.
Despois do seu exitoso paso por Ourense, A Coruña, Ferrol e Pontevedra, a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, desprazarase o próximo xoves, 3 de novembro a Viveiro, para manter un encontro idéntico cos representantes do tecido social, cultural, veciñal e cívico da localidade. Este encontro está aberto a todos os cidadáns que desexen achegar as súas impresións ou queixas á valedora, que estará encantada de atendelos e de dar resposta as cuestións que lle prantexen sobre a institución.
A idea consiste en ofrecer unha pequena charla aos asistentes, e poder logo manter encontros máis polo miúdo coas persoas que desexen trasladarnos as súas inquedanzas, queixas ou consultas.
O encontro coa veciñanza celebraráse, como diciamos, o xoves, 3 de novembro na Sala Multiusos do Concello (Praza Maior, s/n, planta baixa) en horario de 16 a 18.30 horas.
Rógase confirmación de asistencia e número de participantes por medio do seguinte formulario: https://goo.gl/forms/1b69TC8AlLrGAFfC3