03
Marzo
VACIACIÓN TRABALLADOAS SERVIZO AXUDA NO FO
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA VACINACIÓN DE 63 TRABALLADORAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO MUNICIPIO
Viveiro, 2 de marzo de 2021. O goberno municipal informa de que un total de 63 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Viveiro xa están vacinadas contra a Covid-19.
Por parte do concello, en canto nos solicitaron os datos do persoal do SAF para o proceso de vacinación por Covid-19, enviouse a información correspondente, procedéndose entre os días 17 e 18 de febreiro á vacinación do persoal deste servizo.
A vacinación é un paso moi importante, tendo en conta o traballo que fai o persoal con persoas maiores e dependentes de Viveiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro