07
Xullo
SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL ENTRE O CONCELLO DE VIVEIRO, AFUNDACIÓN E ABANCA
O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Afundación e Abanca para acoller a mostra “Nós tamén fomos emigrantes”, que poderá verse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 7 ao 30 de setembro
Participaron no acto de sinatura María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro; Beatriz Fernández-Anguiano García, Coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo; e Carlos Teijeiro Pita, director de zona da Mariña de Abanca.
A exposición está formada por corenta fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX, formando parte esta colaboración do proxecto Corrente Cultural.
Dende o concello considérase que é unha actividade cultural moi interesante que ofrece aos veciños e veciñas de Viveiro a posibilidade de achegarse a unha realidade histórica, a da emigración, que afectou de maneira especial ao territorio galego.
Viveiro, na data que figura á marxe.
María Loureiro García
Alcaldesa do Concello de Viveiro