SEN CITAS PARA ATENCIÓN PRIMARIA ATA AGOSTO

SEN CITAS PARA ATENCIÓN PRIMARIA ATA AGOSTO

MARÍA LOUREIRO AMOSA “A MIÑA PREOCUPACIÓN POLA SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE, SEN CITAS XA PARA ATENCIÓN PRIMARIA ATA AGOSTO”

“É un grave risco para a saúde dos veciños e unha irresponsabilidade por parte da Consellería de Sanidade da Xunta”, sostén a alcaldesa

Viveiro, 11 de xullo de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amosou hoxe “a miña preocupación pola situación do noso centro de saúde, no que xa é imposible obter ata agosto unha cita para atención primaria”.

“En verán, ademais, increméntase moito a poboación polas persoas que nos visitan, é un grave risco para a saúde dos veciños e unha irresponsabilidade por parte da Consellería de Sanidade da Xunta”, sostén Loureiro.

A alcaldesa pregúntase “que máis podemos facer, xa que desgrazadamente non é unha situación nova, desde o concello reclamamos en moitas ocasións á Consellería de Sanidade da Xunta unha solución urxente que non chega”.

Ademais das demoras en atención primaria polas xubilacións sen cubrir, as vacacións e as baixas, hai tamén problemas continuos no servizo de pediatría.

“A Xunta ten que actuar de forma urxente, Viveiro non é un concello de segunda e a situación é moi grave”, remata.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar