05
Maio
RUTAS TREN TURíSTICO
Dª MARIA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO (LUGO), INFORMA QUE
Este sábado, 6 de maio, realizarase unha visita guiada gratuíta. Ás 17:30 horas sairá da oficina de turismo e realizarase no Vivertren (límite de prazas 50); a primeira visita será ao Souto da Retorta - Eucaliptal de Chavín, a continuación recorrerán o porto de Celeiro e Covas. A parada final será na oficina de turismo sobre as 19:00 horas para, dende alí, facer una pequena visita peonil ao casco histórico, sen límite de prazas.
O martes, 9 de maio realizarase outra visita guíada ao casco antigo; esta visita partirá ás 12:00 horas da oficina de turismo.
A alcaldesa
María Loureiro García