15
Xullo
REUNIÓN CO DELEGADO DA XUNTA
A CONCELLERÍA DE MOBILIDADE DE VIVEIRO REÚNESE CO DELEGADO DA XUNTA EN LUGO PARA AVANZAR NA IMPLEMENTACIÓN DO NOVO BUS CIRCULAR
Viveiro, 15 de xullo de 2024. A tenenta de alcaldesa e responsable da área de Mobilidade de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo unha reunión con Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo; a alcaldesa, María Loureiro, e o director territorial de Mobilidade da Xunta, Javier Nodal, para avanzar na implementación dunha liña de autobús máis eficiente no concello. Asistiu tamén o reponsable da empresa Autobuses Viveiro.
Mobilidade ten deseñada e definida desde a primavera unha modificación das frecuencias, paradas e rutas para un servizo de transporte máis útil e eficiente.
“Tras a reunión de hoxe, desde o concello debemos presentar a documentación solicitada, cunha avaliación da modificación das rutas, os horarios, frecuencias e o estudo de viabilidade económica”, explica Míriam Bermúdez, unha documentación que se poñerá en común co servizo de Mobilidade da Xunta.
A responsable da área de Mobilidade do concello quere “agradecer a predisposición e a colaboración de Javier Arias na reunión de hoxe".
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro