REMATE DAS OBRAS NO PUNTO LIMPO

REMATE DAS OBRAS NO PUNTO LIMPO

A TENENCIA DE ALCALDÍA DE VIVEIRO ANUNCIA O REMATE DAS OBRAS NO PUNTO LIMPO

Viveiro, 2 de xaneiro de 2025. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa remataron as obras de mellora do Punto Limpo de Patarroa-Escourido, realizadas co obxectivo de optimizar a xestión de residuos e ofrecer un mellor servizo á veciñanza.

Estas actuacións incluíron a ampliación do espazo para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), a adaptación de áreas específicas para a recollida de poda, a modernización dos controis de acceso, a iluminación exterior e a instalación de novos contedores para diferentes fraccións como textil, vidro e cartón. Tamén se mellorou a iluminación exterior.

“Estamos moi satisfeitos coa finalización das obras, que suporán unha mellora no servizo que ofrecemos á nosa cidadanía", declarou Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa de Viveiro e responsable da Concellería de Medioambiente.

"O novo Punto Limpo está preparado agora para xestionar os residuos dunha forma máis eficiente, accesible e respectuosa co medio ambiente", concluíu Bermúdez.

Dende a Tenencia de Alcaldía lembran que o Punto Limpo de Patarrosa-Escourido segue mantendo os seus horarios habituais: luns de 08:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00, os martes e xoves de 09:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00, os mércores e venres de 8:00 a 14:00 e os sábados de 10:00 a 13:00, estando pechado o cuarto sábado de cada mes.

Ademais, anuncian que dende a Concellería de Medioambiente se está a elaborar un novo regulamento para o Punto Limpo, coa finalidade de establecer normas claras que faciliten o seu uso e fomenten a participación cidadá na xestión de residuos.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar