REMATADAS AS OBRAS EN SAN ROQUE

REMATADAS AS OBRAS EN SAN ROQUE

REMATADAS AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA DE SAN ROQUE, UNHA DAS ZONAS DE VIVEIRO MÁIS TRANSITADAS NO VERÁN

A Deputación de Lugo executou os traballos grazas ás xestións da alcaldesa, María Loureiro

Viveiro, 13 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro informa do remate dos traballos de mellora e acondicionamento da estrada de San Roque.

Tras as xestións realizadas pola alcaldesa, María Loureiro, a Deputación de Lugo realizou a actuación.

“Con estas obras, melloramos a seguridade viaria na zona, dado resposta ademais ás demandas veciñais”, explica a alcaldesa.

A zona de San Roque é unha das máis transitadas por veciños e turistas durante a tempada estival.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar