RECIBOS IBI URBANA 2017 DOMICILIADOS

RECIBOS IBI URBANA 2017 DOMICILIADOS

O pasado 5 de xullo, o Concello de Viveiro remitiu ás entidades bancarias os recibos correspondentes ao IBI Urbana 2017 das persoas que tiñan domiciliado este pago.

Por un problema da aplicación informática, produciuse unha incidencia na xeración do fichero de cobros (Cuaderno Q19), aplicando a unha gran cantidade de recibos o 100% do importe cando debería ter aplicado o 50%.

Ante esta situación, o Concello de Viveiro, estudadas todas as posibilidades de subsanación do devandito erro, propón a aqueles afectados que desexen realizar o pago de dito imposto en dous periodos que realicen a devolución deste cargo na súa entidade bancaria sen cargo algún; deste xeito, o Concello procederá a cargar o primeiro recibo, polo importe do 50%, o 5 de agosto e remitirá o 50% restante o 5 de outubro.

Dende o Concello de Viveiro quere pedirse disculpas por esta incidencia, sendo conscientes das molestias e inconvientes causados e agradecendo a súa comprensión.

Viveiro, na data que figura á marxe.

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar