PROGRAMACIÓN TEATRO PASTOR DÍAZ

PROGRAMACIÓN TEATRO PASTOR DÍAZ

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A PROGRAMACIÓN DO TEATRO PASTOR DÍAZ ATA FINAL DE ANO

As actividades comezan o día 28 de setembro coa representación de 'Apaga o candil' a cargo de Contraproducións

Viveiro, 20 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para o último cuadrimestre de 2024, que comezará o día 28 de setembro.

A primeira representación desta programación será 'Apaga o candil' da compañía Contraproducións, dirixida a un público adulto.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que "a 100 anos do seu nacemento, o teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca".

"Sempre intentamos facer unha programación para todos, con todo tipo de actividades artísticas para todas as idades, dende teatro a música e danza", afirma a concelleira.

Fernández-Noriega destaca que "para todas as compañías e artistas de Galicia o Teatro Pastor Díaz é un referente no circuíto teatral, grazas ao apoio da cidadanía de Viveiro acudindo aos espectáculos".

"Vémonos nas butacas, agardamos que a programación dos vindeiros meses sexa do agrado de todos e todas e sexa un gran éxito de asistencia", engade.

Despois da representación de 'Apaga o candil', a programación proseguirá o día 5 de outubro con 'Cinco minutos sen respirar' de Ítaca Teatro.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar