Primeira Semana da Ludoteca Municipal

PRIMEIRA SEMANA DA LUDOTECA MUNICIPAL

Esta primeira semana serviu para coñecer aos nenos, organizar os grupos e coñecer as súas preferencias. O pasado luns 11 de xullo de 2016 deu comezo o servizo municipal de ludoteca, que este ano se instalou no pavillón do IES Vilar Ponte, para prestar este servizo durante os vindeiros dous meses, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, co que se amplía en unha hora o horario de 2015 (e que, á súa vez, xa se incrementara en unha hora máis con respecto ao anos anteriores); ampliando o horario deste servizo, o Concello pretende facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais.

Concello de Viveiro
 
PRIMEIRA SEMANA DO SERVIZO DE LUDOTECA MUNICIPAL
 
Esta primeira semana serviu para coñecer aos nenos, organizar os grupos e coñecer as súas preferencias. O pasado luns 11 de xullo de 2016 deu comezo o servizo municipal de ludoteca, que este ano se instalou no pavillón do IES Vilar Ponte, para prestar este servizo durante os vindeiros dous meses, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, co que se amplía en unha hora o horario de 2015 (e que, á súa vez, xa se incrementara en unha hora máis con respecto ao anos anteriores); ampliando o horario deste servizo, o Concello pretende facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais.
 
Ao longo do verán farán uso deste servizo 157 nenos, cubríndose a totalidade das prazas ofertadas en catro días; o elevado número de persoas interesadas en facer uso deste servizo municipal demostra a súa importancia e necesidade, permitindo ás familias a conciliación familiar e laboral durante o periodo estival e ofrecendo aos máis pequenos da casa unha actividade lúdica de gran calidade e aceptación.
 
Nestes primeiros días, que serviron para que nenos e monitoras se coñeceran e para organizar aos nenos en distintos grupos de traballo (dous grupos de nenos de 4 a 6 anos e outros dous grupos de nenos de 7 a 12 anos), fixeron varios murais e debuxos que xa decoran as paredes do pavillón, crearon os seus propios carnets do ludoteca, realizaron manualidades e xogaron tanto dentro como fóra do pavillón.
 
En definitiva, a valoración que dende o concello se realiza destes primeiros días é moi positiva e o elevado número de nenos que participan demostra que a ludoteca municipal é un servizo amplamente valorado.
 
Viveiro, 15 de xullo de 2016.
 
A alcaldesa
 
María Loureiro García
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar