PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE FRANCISCO PEÑA

PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE FRANCISCO PEÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE FRANCISCO PEÑA

-- A alcaldesa María Loureiro presidirá este acto cultural, no que tamén participará o autor e o profesor Eleuterio Martínez

--O libro aborda o desafío de coidar e protexer o planeta, co foco posto na necesidade de colaborar como sociedade para promover un desenvolvemento sostible

Viveiro, 18 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro acollerá este xoves 20 de febreiro a presentación do novo libro de Francisco Peña, ‘Rumbo a la salud ambiental planetaria y a un mundo nuevo: las claves para afrontar las grandes amenazas del siglo XXI’. A alcaldesa María Loureiro presidirá este acto que terá lugar na Sala Multiusos do Concello de Viveiro (Praza Maior, 1, 27850, Viveiro).

No evento de presentación tamén participará o profesor Eleuterio Martínez Alcántara, científico de presitixio, que intervirá por videoconferencia para apoiar este acto. Pola súa banda o profesor Francisco Peña analizará o contido dos cinco capítulos que conforman o libro e, finalmente, asinará exemplares.

“A presentación en Viveiro é unha oportunidade para coñecer de primeira man esta obra e tamén representa unha honra para a nosa localidade, posto que nos sitúa no epicentro da cultura”, sinalou a alcaldesa do Concello de Viveiro.

A obra explora as solucións para reverter a situación actual do planeta, que afronta o urxente desafío de protexerse. Como explica o autor na sinopse do libro, isto conleva “a ineludible necesidade de aunar esforzos por parte de todos os seres humanos que o habitamos na busca dun desenvolvemento sostible e integral”.

Francisco Peña, autor é un referente en materia de saúde ambiental, e ao longo da súa traxectoria recibiu máis de 50 recoñecementos, galardóns e premios de investigación científica.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar