PRESENTACIÓN DA REGATA RÍAS ALTAS

PRESENTACIÓN DA REGATA RÍAS ALTAS

A Alcaldesa, o Concelleiro do Mar e o Real Club Náutico de La Coruña presentan a Regata Rías Altas, que fará escala en Viveiro

Na mañá de hoxe, a casa do concello acolleu a presentación da XLIV Regata Rías Altas, que o Real Club Náutico de La Coruña organiza dende 1974. No acto, no que estiveron presentes a Alcaldesa, o Concelleiro do Mar e tres membros da directiva do Real Club Náutico de la Coruña, explicouse a importancia deste evento, tendo en conta o elevado número de participantes, a súa antigüidade e o seu atractivo, tanto pola competición como polo carácter festivo dos seus finais de etapa, dando a coñecer que Viveiro terá a honra de formar desta prestixiosa proba.


A presente edición está reservada á clase crucero, dividida en dúas categorías (0-2 e 3-4), celebrándose en catro etapas:

- xoves, 6 de xullo: 1ª etapa A Coruña-Cedeira, 23 millas náuticas.

- venres, 7 de xullo: 2ª etapa Cedeira-Viveiro, 27 millas náuticas.

- sábado, 8 de xullo: 3ª etapa Viveiro-Cariño, 15 millas náuticas.

- domingo, 9 de xullo: 4ª etapa Cariño-Coruña, 32 millas náuticas.


Fíxose referencia á importancia de cada final de etapa xa que, coa recalada dos barcos a porto, as tripulacións son recibidas polas autoridades locais, con gran expectación por parte dos veciños que adoitan acudir para presenciar a chegada. Ademais, en cada un dos concellos participantes ofrécese unha recepción na que regatistas, autoridades e acompañantes intercambian e comentan as experiencias vividas durante a xornada.

 

Finalmente, por parte do concello destacouse a importancia de ser o punto de chegada e inicio de dúas destas etapas, tendo en conta o que isto supón dende o punto de vista económico e de promoción turística.

 

María Loureiro García

Alcaldesa do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar