PRAZO DE PREINSCRICION NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

PRAZO DE PREINSCRICION NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE QUE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ABRIRÁ O 10 DE MARZO

As solicitudes poderán presentarse entre o 10 e o 31 de marzo de 2025

Viveiro, 28 de febreiro. O Concello de Viveiro anuncia a apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o curso 2025-2026. As familias interesadas poderán realizar a súa solicitude entre o 10 e o 31 de marzo de 2025.

A preinscrición está dirixida tanto a aquelas familias que desexen renovar a praza dos seus fillos como a aquelas que soliciten un novo ingreso. Os formularios poden recollerse na Escola Infantil Municipal e no Centro de Servizos Sociais, ou descargarse desde a páxina web do Concello de Viveiro.

Para formalizar a solicitude, as persoas interesadas poderán presentar a documentación no rexistro do Concello de Viveiro ou a través da súa sede electrónica, facilitando así a tramitación de forma áxil e accesible.

Saúdos, Comunicación de Viveiro.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar