17
Decembro
O PODER DE AMABEL
O Poder de Amabel é una peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na novela infantil de Érica Esmorís editada por Sushi books.
Sábado 17: Pérez & Fernández: O poder de Amabel. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18,00 h.
Clasificación :Teatro / Monicreques
Duración :42 min
Público :Infantil A partir de 5
Autor : Érica Esmorís.
Dirección :Victoria Pérez, Xose Leis.
Adaptación :Victoria Pérez.
Escenografía :Jacobo Bugarín.
Deseño son :Manu Fernández.
Deseño iluminación :Jose Leis.
Vestiario :Pérez&Fernández
Música :Mathew Ward, Xabier Romero.
Elenco artístico : Actores-Manipuladores:: Manu Fernández e Victoria Pérez.
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.
Un reencontro de dous amigos xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria; a infancia.