O CONCELLO DE VIVEIRO RECOMENDA EMPREGAR O TRANSPORTE PÚBLICO PARA ASISTIR Á ROMAXE DO NASEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECOMENDA EMPREGAR O TRANSPORTE PÚBLICO PARA ASISTIR Á ROMAXE DO NASEIRO

O AUTOBÚS DENDE A PRAZA DE LUGO ESTARÁ EN FUNCIONAMENTO DENDE MAÑÁ, VENRES 23 DE AGOSTO, ÁS 18:00, CON FRECUENCIAS DE 30 MINUTOS E UN PREZO DE 1,50€

O Concello lembra así mesmo que a festa se celebra nunha contorna que é parte da Rede Natura, polo que pide ás persoas asistentes que depositen de xeito axeitado os residuos

Viveiro, 22 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro acollerá unha vez máis a tradicional Romaxe do Naseiro, unha celebración multitudinaria, polo que que vén de lanzar unha serie de recomendacións para desfrutala de xeito sustentable e respectuoso co medio ambiente.

En primeiro lugar, o Concello recomenta empregar o transporte público para asistir e para volver da festa, coa fin de evitar na medida do posible o exceso de tráfico.

O autobús, que sairá dende a praza de Lugo cara ao Campo da Festa, estará dispoñible dende mañá, venres 23 de agosto, ás 18:00, e ata o mércores 28 ás 11:00.

Funcionará de xeito ininterrumpido con frecuencias de 30 minutos aproximadamente. O prezo para acceder ao bus será de 1.50€.

Así mesmo, o Concello lembra á veciñanza que o espazo no que se celebra a festa é parte da Rede Natura, polo que se roga un especial coidado e responsabilidade dada a importancia medioambiental do mesmo.

Tendo en conta a gran cantidade de vidro que se xera durante a romaría, dende o Concello solicítase que este sexa depositado exclusivamente nos contedores específicos habilitados para o mesmo.

Ademais, lémbrase a importancia de traer de volta todo o que se leve á festa, e de depositar todos os enseres e residuos nos catro puntos de recollida que estarán en funcionamento.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar