O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A SÚA APP DE TURISMO

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A SÚA APP DE TURISMO

Dous anos despois da creación na nova web de turismo, Viveiro presenta a APP de Turismo de Viveiro. Unha APP moi visual, con moito máis contido gráfico e con outras moitas máis funcionalidades para o visitante e o turista, así como para os propios veciños. A APP, que xa está disponible en play store e esperamos que pronto en app store, inclúe diversas funcións, como un block de notas, información sobre lugares de interese ou onde durmir, mapa activo, actualidade, eventos, incidencias, scanner QR, código QR. Ten, tamén, incorporada unha funcionalidade que será a de envio de notificacións "push", programadas tanto en tempo, como por xeolocalización, que nos permitirá estar conectados con todos os que teñan instalada a APP no seu dispositivo móbil e poderemos mantelo informados dunha maneira instantánea e actualizada.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar