O CONCELLO DE VIVEIRO PARTICIPOU NA XUNTANZA QUE TIVO LUGAR NO DÍA DE ONTE, EN FERROL, PARA LOGRAR UNHA MELLORA DA SITUACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS

O CONCELLO DE VIVEIRO PARTICIPOU NA XUNTANZA QUE TIVO LUGAR NO DÍA DE ONTE, EN FERROL, PARA LOGRAR UNHA MELLORA DA SITUACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS

O Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández asistiu á reunión en representación do Concello de Viveiro, que foi o único municipio mariñán presente

Na xuntanza faláronse das principais deficiencias que presenta o servizo de transporte público nesta zona, referido tanto ao ferrocarril como as liñas de autobús, e acordouse crear un grupo de traballo co fin de adaptar mellor os horarios ás necesidades dos usuarios. Participaron na reunión a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel María Vázquez; o director de Renfe, Ramón Azuara; e os representantes dos concellos de Ferrol, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Cedeira, Valdoviño e Viveiro.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar