08
Xuño
O CONCELLO DE VIVEIRO ESTARÁ PRESENTE NA IV EDICIÓN DE FESTUR
Viveiro contará cun stand propio da Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra do 8 ao 11 de xuño en Silleda, co respaldo da Axencia Turismo de Galicia e coincidindo coa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia
A presenza de Viveiro nesta feira servirá para dinamizar o seu atractivo turístico, dando a coñecer estas celebracións e os demais recursos do municipio. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.
Organizarase, así mesmo, unha exposición sobre a Semana Santa de Viveiro, na que se mostrarán diverso material das confrarías, e unha degustación gratuíta da pescada de Celeiro, que terá lugar o sábado 10 de xuño ás 13:00 horas, na que se ofrecerá aos visitantes unhas 300 racións de empanada de merluza.
Para a organización e desenvolvemento destas dúas iniciativas o Concello conta coa inestimable colaboración da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e de Puertos de Celeiro SA.
Por outro lado, cómpre facer referencia á existencia dunha bolsa de traballo, que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten reunións cos distintos tour operadores presentes na feira, redundando positivamente no aproveitamento da mesma. A existencia desta bolsa de traballo é posible grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo, sendo a primeira vez que se fai.
Cómpre sinalar, finalmente, que ao longo destes catro días, o stand de Viveiro contará coa atención constante do persoal da oficina de turismo. A Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez; o Concelleiro de Facenda, Educación, Participación Cidadá e Mar, Jesús Fernández Fernández; e representantes de AC Penalba desprazaranse estarán en Festur o sábado.
A alcaldesa
María Loureiro García