09
Maio
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLEU UNHA CHARLA CONVOCADA POLA ASOCIACION PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA E TURISMO DE LUGO
Nesta xuntanza estiveron presentes, en representación do Concello de Viveiro, os concelleiros Marisol Rey e Jesús Fernández
O Inspector Principal e o Delegado de Participación Cidadá da Comisaría da Policía Nacional de Viveiro explicaron aos asistentes distintos aspectos da normativa existente con respecto ao rexistro de viaxeiros ou ao dereito de admisión.
Na charla estiveron presentes, ademais, o Inspector Principal Xefe da Policía Local, a Xefa da Área Provincial de Turismo e o Presidente da APEHL.