19
Xuño
LUDOTECA DE VERÁN 2017 DO CONCELLO DE VIVEIRO
O luns 10 de xullo de 2017 dará comenzo o servizo municipal de ludoteca que se instalará no Pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 31 de agosto.
Este servizo prestarase de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, intentando facilitar a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. A ludoteca está destinada a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 anos (cumpridos) e os 12 anos ( incluídos), ofrécese de xeito gratuíto para os nenos empadroados no Concello de Viveiro. Para os nenos non empadroados o custo será de 15 € semanais.
As prazas son limitadas, e por orde de inscrición ata completar o aforo.
Para a inscrición, que se realizará na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro andar do Concello, en horario de 10:30 a 14:00 horas, a partir do luns 26 de xuño, deberá aportarse a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición facilitada ao efecto na OMIX
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social do neno/a
- Fotocopia do DNI do neno/a ou, no caso de que non o teñan, fotocopia do DNI do pai ou da nai e fotografía do neno/a.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das apostas importentes deste equipo de goberno que, a pesar da política de recortes actual, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión, do entretenemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.
A alcaldesa
María Loureiro García