05
Setembro
INAUGURACIÓN DA MOSTRA “HEROÍNAS DE TÓDOLOS DÍAS”, DE CAMINO CASABELLA
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A EXPOSICIÓN DE CAMINO CASABELLA "HEROÍNAS DE TÓDOLOS DÍAS" A PARTIR DESTE VENRES
Viveiro, 5 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro acolle este venres 6 de setembro, ás 19:15 horas na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, a inauguración da mostra “Heroínas De Tódolos Días”. Trátase dunha serie de pinturas de Camino Casabella, acompañadas de textos escritos tamén pola artista.
A exposición, organizada coa colaboración do Concello, poderase visitar, con entrada libre, ao longo de varios días. O sábado 7 de setembro estará dispoñible de 10:00 a 14:00 horas; o venres 13, de 16:30 a 20:30 horas; e o sábado 14, de 10:00 a 14:00 horas.
En palabras de Camino Casabella, a mostra é unha homenaxe "a unha serie de mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias cada día". "Decidín poñelas en primeiro plano, porque as mulleres foron fundamentais no pasado, e son clave para o presente e o futuro", sinala a artista.
"A lista destas mulleres é diversa e infinita, xente guapa coma Sinéad O'Connor, Carola Rackete, Rosa Parks, Fernanda Arrojo ou Vero Boquete, entre moitas outras", enumera Casabella. "A súa resistencia fronte a actitudes represoras é un exemplo de feminismo persistente e apoderado que non vemos a miúdo, pero que chegou para quedar", indica.
"O meu propósito é poñer no foco de atención as historias da vida e da carreira destas mulleres; todas elas queren traballar para contribuír á sociedade, e fan fronte a grandes desafíos co propósito de superalos", explica a creadora da exposición.
"Son mulleres abrindo camiño para que máis mulleres se adiquen a profesión tradicionalmente dominadas polos homes, mulleres pioneiras que rachan estereotipos de xénero e adoitan roles de liderado, mulleres que axudan a outras a acadar as súas metas", engade.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro