06
Outubro
I EDICIóN DA PROBA DEPORTIVA PENEDOMAN
Con motivo da celebración da I Edición da proba deportiva PenedoMan, a celebrar o próximo día 07-10-2017, faise necesario proceder a cortes ou modificacións no tráfico e circulación de vehículos.
Dª María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, INFORMA QUE:
Con motivo da celebración da I Edición da proba deportiva PenedoMan, a celebrar o próximo día 07-10-2017, faise necesario proceder aos seguintes cortes ou modificaciones no tráfico e circulación de vehículos, nas vías que se indican:
-Avd. de Cervantes: permanecerá cortada ao tráfico dende as 16:00 horas ata a finalización da saída da prueba, aproximadamente sobre as 18:30 horas.
-Os usuarios que pretendan acceder á parte alta do casco de Viveiro deberán facelo a través da carretera das Nogueiras, extremando a precaución nas interseccións, ao poder atoparse cos participantes da proba.
-Nas intersecciones que afectan ao recorrido da proba, tales como Antonio Bas, Rego das Frores, Plaza Juan Donapetry, Pontelabrada, Jesús Noya, etc, deberase circular extremando as precaucións á atención á condución, xa que cabe a posibilidade de encontrarse con participantes da proba.
-Os vehículos procedentes de San Roque, antes de chegar a Pe de Boi, atoparanse cunha curva pronunciada, que estará debidamente sinalizada, na que os participantes en bicicleta cruzarán a calzada. Contarase con persoal de apoio para alertar aos condutores da presencia de ciclistas na calzada.
-A restricción máis importante ao tráfico rexistrarase na Avd. de Cervantes; no resto de vías por donde discorre a proba circularase con precaución e prestando especial atención ás normas de circulación que atañen á preferencia de paso de vehículos sobre ciclistas e peóns.
Pídense disculpas polas molestias que estas medidas poidan ocasionar, entendendo que este tipo de iniciativas deportivas son positivas e que deben ser potenciadas.
Para máis información con respecto aos cortes e modificacións no tráfico e na circulación de vehículos, pode contactarse coa Policía Local.
Viveiro, na data que figura á marxe.
A alcaldesa
María Loureiro García
(documento asinado dixitalmente á marxe)