ENTREGA VI PREMIO VILAR PONTE DE NARRATIVA

ENTREGA VI PREMIO VILAR PONTE DE NARRATIVA

O Concello de Viveiro entrega ao novelista Xavier Queipo o seu VI Premio Vilar Ponte de Narrativa

--A alcaldesa destacou o compromiso do Goberno local coa cultura e coa defensa da lingua galega

Viveiro, 14 de decembro de 2024.- O Concello de Viveiro entregou o seu VI premio Vilar Ponte de Narrativa ao novelista Xavier Queipo. A alcaldesa, María Loureiro, entregou o galardón nunha gala que tivo lugar no teatro Pastor Díaz e que estivo presentada pola xornalista Alba Porral.

‘Tamarindo’ é a obra de Xavier Queipo pola que gañou este certame, no que tamén se recoñeceu a creatividade narrativa do escritor marilán Lionel Rexes pola súa obra ‘O terceiro desexo’. Os galardóns están dotados con 4.000 e 1.000 euros, respectivamente.

Compromiso coa cultura

María Loureiro durante o seu discurso destacou que “con este certame temos o obxectivo de abrir unha fiestra á creación literaria en galego, unha lingua que e tamén sinal de identidade do noso pobo” e subliñou que “como Goberno local, a cultura non só é unha prioridade, senón que tamén é unha responsabilidade”.

O gañador e o finalista deste premio agradeceron ao Concello o seu compromiso coa cultura a través do impulso deste tipo de iniciativas, asemade destacaron as figuras do xurado, composto polo xornalista Carlos Nuevo Cal, a escritora Rosalía Morlán Vieites e o crítico literario Armando Requeixo.

O certame, como explicou a alcaldesa de Viveiro, naceu para render homenaxe aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, escritores nados en Viveiro.

A gala estivo amenizada pola música do Conservatorio de Música de Viveiro e os membros do xurado foron agasallados con pezas de cerámica do artista local Otero Regal.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar