16
Outubro
DUAS NOVAS ASIGNATURAS NO MUNICIPIO
O CONCELLO DE VIVEIRO E A UNED PRESENTAN DÚAS NOVAS ASIGNATURAS QUE SE IMPARTIRÁN NO MUNICIPIO
Viveiro, 16 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro e a UNED presentaron as novas asignaturas que se impartirán este curso na aula da UNED de Viveiro.
Trátase das asignaturas "Aproximación a historia do cine galego" e "La historia del arte: camino de la contemporaneidad". Ambas serán impartidas no primeiro cuadrimestre do programa UNED Senior.
Participaron no acto de presentación xunto a docentes de ambas asignaturas Milagrosa Ferrera, coordinadora da Uned de Viveiro, e Jesús Fernández Fernández, concelleiro de Educación.
"Aproximación a historia do cine galego" será impartida os martes de 18:00 a 20:00, e "La historia del arte: camino de la contemporaneidad", os xoves no mesmo horario.
Jesús Fernández Fernández sinalou que estas dúas asignaturas "son unha excelente ampliación da oferta universitaria existente en Viveiro grazas á universidade a distancia".
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro