CONVENIO COA DEPUTACIÓN PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E REFORZAR SERVIZOS

CONVENIO COA DEPUTACIÓN PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E REFORZAR SERVIZOS

MARÍA LOUREIRO ASINA UN CONVENIO DE 105.000€ COA DEPUTACIÓN PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E REFORZAR SERVIZOS EN VIVEIRO

--A alcaldesa destacou que “se inclúen 8.500€ para mellorar o alumeado público na rúa Rosalía de Castro e outros 3.300€ para o alumeado de Nadal”

Viveiro, 27 de decembro de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, veñen de asinar un convenio de colaboración de máis de 105.000€ para desenvolver varias actuacións dirixidas a mellorar infraestruturas deportivas e a reforzar servizos públicos no municipio.

A Deputación de Lugo achega o 95% do orzamento total, 101.500€, e o Concello de Viveiro asume o 5% restante, 5.430,56€, nun acordo no que se inclúe o acondicionamento de instalacións deportivas ou a adquisición de material informático para equipos municipais.

Loureiro agradeceu o apoio da Deputación e recalcou que “se inclúen 8.500€ para mellorar o alumeado público na rúa Rosalía de Castro e outros 3.300€ para o alumeado de Nadal”.

"Outra das liñas que se inclúen neste acordo é a compra de material informático para os equipos municipais co fin de continuar ofrecendo máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas”, indicou a rexedora. "Destaca tamén a renovación das máquinas do ximnasio da piscina municipal, que terá un valor total de 50.000€", engadiu.

Por outra banda, Tomé Roca salientou “a adquisición de dous termos para o vestiario do campo de fútbol; a instalación dun marcador electrónico no polideportivo municipal”. Outros traballos incluídos serán o arranxo da deshumectadora da piscina e o arranxo da fontanería dos vestiarios do campo Marcos Gómez.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar