
07
Marzo
CONMEMORACIÓN 8M
VIVEIRO CONMEMORA O 8M CUNHA MARCHA, UN ACTO SIMBÓLICO E A TRADICIONAL CEA DA MULLER
Viveiro, 7 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro acollerá diversos actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, incluíndo unha marcha, un acto simbólico e a tradicional Cea da Muller.
A xornada comezará coa marcha reivindicativa, que sairá ás 11:00 horas desde os Castelos e percorrerá as rúas principais ata a Praza Maior. Unha vez alí, desenvolverase un acto simbólico de solta de bolboretas de papel, nas que se recollerán frases e mensaxes relacionadas coa defensa da igualdade e a loita polos dereitos das mulleres. A continuación, procederase á lectura dun manifesto, co que se pechará o acto institucional da mañá.
Saúdos, Comunicación de Viveiro