09
Decembro
CIDADE AMIGA DA INFANCIA DE UNICEF
O CONCELLO DE VIVEIRO RECOLLE MAÑÁ EN MADRID A DISTINCIÓN DE CIDADE AMIGA DA INFANCIA DE UNICEF
A alcaldesa María Loureiro e a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, acuden a Madrid para recibir o recoñecemento no Ministerio de Xuventude e Infancia
Viveiro, 9 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro recibirá máñá en Madrid o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de Unicef, despois de varios anos sendo candidata a esta distinción.
A alcaldesa María Loureiro e a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, recollerán a distinción nun acto que contará coa presenza de Sira Rego, ministra de Infancia e Xuventude, e Gustavo Suárez-Pertierra, presidente de UNICEF España.
Loureiro asegura que ser Cidade Amiga da Infancia “é o resultado de varios anos de traballo e non é simplemente un recoñecemento, senón tamén un reto que nos pon a traballar con moitos deberes sobre a mesa".
"Asumimos esta distinción coa responsabilidade de levar adiante proxectos para a mocidade, para a rapazada e para a infancia de Viveiro", apunta a rexedora.
“Traballamos a diario para que Viveiro sexa un lugar mellor e máis amable para os nosos pequenos e pequenas", conclúe.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro