CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN AGASALLO PARA TODAS AS PERSOAS QUE PASEN HOXE POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Viveiro, 24 de outubro de 2023. O Concello de Viveiro celebra o Día das Bibliotecas, que se conmemora cada ano o 24 de outubro, con agasallos para todas as persoas que fagan uso hoxe da Biblioteca Pública Municipal.

A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, explica que "as persoas que se acheguen hoxe á biblioteca pública tanto para retirar libros como para facerse socias terán como agasallo un estoxo conmemorativo de Superarte".

Superarte, Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional, é un dos eventos culturais e inclusivos máis destacados de Viveiro, e celebrou a pasada semana a súa VI edición.

Fernández Fernández-Noriega quixo tamén, con motivo desta data, "felicitar a todas persoas que fan posible que a Biblioteca Municipal de Viveiro estea sempre viva".

O Día das Bibliotecas celébrase hoxe en toda España como parte dunha iniciativa do Ministerio de Cultura do Goberno dende o ano 1997, co obxectivo de promover a lectura e o uso das bibliotecas.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Foto de Annie Spratt en Unsplash

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar