
18
Febreiro
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DO DESFILE DE ENTROIDO
O CONCELLO DE VIVEIRO LANZA AS BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DO DESFILE DE ENTROIDO
--- O prazo de inscrición para participar establecese entre o 20 e o 28 de febreiro
Viveiro, 18 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro publica as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o vindeiro martes 4 de marzo. As bases especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Un ano máis establécense diferentes categorías de adultos - carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantil -individual, parellas e grupos.
O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.
O xurado, pola súa banda, estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.
Os premios para cada unha das categorías son:
Establécese, ademais, unha axuda especial por importe máximo de 200 €, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile, para poder optar a dita axuda, teñen que estar inscritas no prazo establecido.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro